As Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença chegan a Santa Trega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Este domingo 26, dentro do programa de andainas saudables da Eurocidade Tui-Valença, realizarase a andaina “Santa Trega” no Concello da Guarda. Será un percorrido polo Monte Santa Trega que sairá ás 10 hora española dende o aparcadoiro do IES A Sangriña da Guarda.

O autobús sairá dende o Centro Interfederado de Tui ás 09.15 horas, sendo necesaria realizar a reserva da praza a través da páxina do facebook “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”, na empresa VerdeAzul o na Ecopista en Valença cos Celtas do Minho, cun custe de 2€ por persoa.

A andaina terá un percorrido aproximado de dez quilómetros, sendo o grado de dificultade moderado e a duración aproximada de tres horas.

Lembrar aos participantes que na noite do sábado ao domingo cambiará a hora, de xeito que ás 03.00 horas da mañá pasarán a ser ás 02.00 horas.

21 de outubro de 2014 | 10:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.