Arrinca a escola de porteiros de Lugo Sala
Este xoves 23 de outubro arrincará outro dos proxectos que Lugo Sala pon en marcha: trátase da súa Escola de porteiros que estará dirixida polo técnico Xabi López. Así o preparador de porteiros realizará un traballo específico cos xogadores que se desenvolven nesta posición e esta escola está destinada non só para xogadores do club, para os cales será gratuíta, senón tamén para porteiros doutros clubs que desexen perfeccionar o seu traballo. Para estes últimos terá un custo mensual de 25 €.
A Escola de porteiros levará a cabo todos os xoves da tempada deportiva de 16:00 a 17:00 horas no Pavillón Daniel Cordido (A Piringalla) da capital lucense e está destinada para as categorías desde benxamín até senior.
Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 667 885 662 (Xabi López), 667 650 646 (Marcos Pereira) ou mandar un correo electrónico a info@lugosala.com











