Apertura do prazo de inscrición para o obradoiro de literatura romántica na Biblioteca provincial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Biblioteca provincial organiza un obradoiro sobre como aprender a escribir literatura romántica aberto a todas aquelas persoas afeccionadas a este tipo de novela que desexen coñecer máis en profundidade o xénero.

Ao longo destas clases, os participantes aprenderán os fundamentos básicos desta literatura e darán os primeiros pasos para empezar a escribir.

O prazo de inscrición está aberto e manterase así ata que se cubran todas as prazas. O curso desenvolverase durante catro días: o 21, 23, 28 e 30 de outubro en horario de 19.30 a 21.30 horas e será impartido por Trinidad Palacios.

Para reservar praza pode acudir ás salas de infantil e xuvenil da biblioteca (Riego de Agua, 37) ou chamar ao teléfono 981 080 171, extensión 5311.

Máis oferta

A oferta de outono complétase con outras actividades como unha conferencia sobre arte o 16 de outubro ofrecida por Luisa Valdés (tamén se pode apuntar xa) ou o curso de iniciación á encadernación previsto para o 18 e 20 de novembro, para o que un se pode inscribir dende o día 4.

13 de outubro de 2014 | 10:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.