Apertura do prazo de inscrición para a viaxe de termalismo de benestar a Laias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O programa Imos de excursión 2014 inclúe, ao igual que anteriores edicións, unha actividade dedicada especificamente á difusión dos beneficios do termalismo como práctica saudable. Trátase esta vez dunha estancia de dúas noites do 19 ao 21 de novembro no Hotel Balneario Laias Caldaria, en Laias (Ourense). A excursión ofrece un atractivo programa que permitirá que os participantes, ademais de gozar dunha convivencia en grupo, coñezan de preto os beneficios dos programas de saúde que ofrece o termalismo. Hai dispoñibles ata 100 prazas (dous autobuses). O prazo de inscrición, que se poderá realizar nos centros culturais, ábrese este xoves 23 de outubro ás 17:00 horas.

O prezo da viaxe é de 125 euros, que inclúen a estancia de dúas noites, con pensión competa e un programa termal personalizado para os asistentes.

O grupo partirá de Santiago o mércores 19 de novembro pola tarde e a viaxe finalizará o venres 21 coa chegada a Santiago sobre as 17:00 horas.

22 de outubro de 2014 | 13:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.