Ao Azkar Lugo F.S. faiselle longo o partido en Tudela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Non puido sumar o Azkar Lugo F.S. na súa visita ao Aspil Vidal Ribera Navarra, nun partido moi igualado ata os últimos sete minutos, onde os locais puxeron unha marcha máis e romperon o partido para vencer por 4-0.

Comezou moi ben o partido o equipo de Javier Albes, apretando moi ben a saída dos locais e dispoñendo de ocasións claras para lograr o ansiado gol, pero un gran Molina e os seus paus impediron que o gol subise ao electrónico do Cidade de Tudela. O cadro local aproveitou un erro nun pase nunha contra do Azkar Lugo F.S. para que Rubi batese a Óscar Iglesias a falta de menos dun minuto para o final e poñer os seus con vantaxe antes do descanso.

O paso polos vestiarios non cambio o guión do partido e seguía sendo o Azkar Lugo F.S. o que controlaba o partido e o que dispoñía de boas ocasións para igualar o partido, pero ao igual que na primeira metade volvía toparse con Molina e en dúas ocasións cos paus da súa portaría. A falta 7 minutos Luisma poñía o 2-0 no marcador, feito que obrigaba a Javier Albes a pedir un tempo morto para ir a polo partido; intentárono os lucenses co 5 x 4, estratexia coa que dispuxeron de claras ocasións de gol, pero a falta de finalización impediu a materialización; os locais pola súa banda se aproveitaron dúas ocasións nos minutos finais para poñer un 4-0 no marcador, o que supón un excesivo castigo para o bo Azkar Lugo F.S. que se viu no Cidade de Tudela.

Ficha técnica:

Aspil Vidal Ribera 4: Molina, Palmas, Hamza, Rubi e Andresito – cinco inicial-, Jesús, Roger, Luisma e Joselito.

Azkar Lugo F.S. 0: Óscar Iglesias, Mimi, Nacho Pedraza, Antonio Diz e Alex Diz,- cinco inicial-, Diego Núñez, Iago Rodríguez, Jose López, Porto e Adri.

Árbitros: Bel Pascual e García Donas (colexio catalán). Amoestaron a Roger polo Aspil Vidal Ribera e Alex Diz e Iago Rodríguez polo Azkar Lugo F.S.

Goles: 1-0 min.19 Rubi, 2-0 min.33 Luisma, 3-0 min.39 Joselito e 4-0 min.40 Andresito.

Incidencias: Partido disputado no Cidade de Tudela ante máis un millar de espectadores.

18 de outubro de 2014 | 20:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.