publicidade hoxe

Andaina e Ruta BTT pola contorna de Trives

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra de Trives
A-
A+

O vindeiro domingo 5 de outubro a concellería de Deportes e Mocidade do Concello da Pobra de Trives organiza unha nova andaina e unha ruta BTT coa finalidade de favorecer a práctica de hábitos saludables tanto entre deportistas como afeccionados.

A proposta da Concellería, elaborada polos técnicos municipais, ten un grado de execución medio alto. A andaina de 18 quilómetros comezará na praza do Reloxio cara á Somoza, continua por Acevoso, Sobrado e remata de novo en Trives.

O percorrido de 40 quilómetros en bicicleta todo terreno tamén comeza en Trives, en dirección ao Casrtro, A Somoza, Anagaza, Penapetada para logo chegar a Serra da Escrita. Tras chegar ao cumio comeza o descenso cara A Somoza, Acevoso, Sobrado, Mendoia hacia San Fiz. O roteiro BTT termina en Trives.

Para participar neste roteiro cómpre apuntarse nas oficinas do Concello da Pobra de Trives, na oficina de turismo da vila ou nas tendas deportivas Tri-Sport da Rúa ou do Barco de Valdeorras. Tamén no establecemento Redonet de Ourense. O prezo establecido para participar é de 10 euros e inclúe o material necesario para practicar a actividade.

1 de outubro de 2014 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.