publicidade hoxe

Allariz presenta o programa “Recuperar, rexenerar e reiniciar”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

O Salón de Plenos da Casa do Concello de Allariz acolle o vindeiro martes, 4 de novembro ás 20:00h, unha asemblea veciñal para presentar o programa RECUPERAR, REXENERAR E REINICIAR promovido polo Concello de Allariz.

Allariz quere dar un cambio total na xestión dos residuos que se producen en cada fogar e en cada comercio. Para iso o concello propón este programa de reciclaxe que consiste en non mesturar os residuos xerados distinguindo, así, cinco fraccións: materia orgánica, envases lixeiros, papel e cartón, vidro e rexeitamento.

Na asemblea explicaranse os requisitos do programa e escoitarase as opinións dos asistentes.

29 de outubro de 2014 | 20:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.