publicidade hoxe

Allariz, en 25 miradas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

O Concello de Allariz presenta o proxecto ALLARIZ25MIRADAS, enmarcado no programa de eventos que conmemoran os 25 anos de transformación dun pobo.

ALLARIZ25MIRADAS pretende mostrar fotografías, a través da páxina web www.allariz.com/25miradas e fisicamente nas rúas do Casco histórico, dun lugar que o participante entenda, subxectivamente, como especial; acompañado dun pequeno texto no que se explique o sentido da escolla dese lugar determinado.

ALLARIZ25MIRADASé un balcón sobre a rúa. E tamén un paseo; un paseo físico polas paredes do casco histórico e un paseo virtual a través desta páxina web”.

Dende mediados de novembro as rúas do Casco Histórico ofrecerán unha mostra fotográfica na que Allariz é protagonista a través dos seus lugares e os seus veciños/as. 25 fotografías de 25 veciños e 25 lugares significativos nas súas vidas serán as que forman parte da mostra ao aire libre.

Esta iniciativa pretende ser o comezo da confección dun álbum sentimental de Allariz. A través da páxina web ofrecerase, aos veciños e veciña, un espazo onde situar os lugares que teñen para cadaquén unha significación propia.

Allariz25Miradas bebe do espírito dos últimos 25 anos de transformación sociale pretende ser unha invitación a compartir a memoria individual que se foi forxando en espazos comunitarios. A participación, a implicación, o intercambio, a convivencia, a autoestima, a proxección do pasado e da tradición son notas definitorias de Allariz dende 1989 e esta proposta mergúllase en todas esas sensacións.”

30 de outubro de 2014 | 14:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.