AJE Santiago e Concello colaboran no programa #Lanzateaemprender para a creación de novas empresas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A concelleira de Economía, Reyes Leis, e a coordinadora de AJE Santiago, Ana Rey, presentaron o programa #Lanzateaemprender, que ten por obxecto colaborar cos mozos emprendedores que teñen ideas empresariais e precisan un apoio para levar a cabo os seus proxectos. #Lanzateaemprender concíbese como unha acción de emprendedores para emprendedores, una experiencia de intercambio entre emprendedores que xa converteron en realidade os seus proxectos empresariais e persoas que teñen unha idea de negocio, pero precisan apoio para poder desenvolvela adiante.

O programa inclúe 64 horas formativas impartidas por empresarios, que comezan este venres, 23 de outubro, na sede de AJE Santiago, en Área Central. As sesións prolongaranse durante finais de outubro e a primeria quincena de novembro. A inscrición é gratuíta gracias ao cofinanciamento do Concello de Santiago e AJE Santiago.

Os destinatarios son mozos emprendedores con ideas, inquietudes e cun plan dentro do ámbito empresarial, que necesitan un apoio a todos os niveis para levar a cabo os seus proxectos. O programa tamén se dirixe a empresarios cun proxecto de recente de creación. Pode pedirse máis información no teléfono 981 915 635.

22 de outubro de 2014 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.