AGE impulsa unha reprobación de Feijóo e a defensa do dereito a decidir
O Grupo de Alternativa de Esquerda incluíu, entre as súas 40 propostas de resolución elevadas ao Debate sobre o Estado da Autonomía, medidas que buscan a “rexeneración democrática”, a defensa do “dereito a decidir” e unha “reprobación” ao Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo a modo de emenda á totalidade da súa xestión.
En rolda de prensa, na que participaron todos os membros do grupo, a viceportavoz, Yolanda Díaz, explicou que a reprobación ao presidente sostense na “destrución de emprego, nos peores salarios do Estado, nas pensións máis baixas, nos niveis de pobreza infantil, na privatización masiva e na corrupción insoportable”. “Esixen que a Cámara se sitúe reprobando a Feijóo”, incidiu.
Ademais, Alternativa Galega de Esquerda pide, nas súas iniciativas, a “derrogación” do artigo 135 da Constitución e a aprobación dun “tipo penal” que permita “visibilizar aos corruptores”. “Hai que porlles rostro e identidade a eses corruptores que necesitan o negocio da pública”, manifestou Yolanda Díaz.











