Aemos participa na selección de persoal para a nova tenda de Sprinter en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A profesionalidade e seriedade da ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE MOS (AEMOS) foi tido en conta pola popular cadea de tendas de roupa deportiva de moda SPRINTER e elixiu á entidade mosense como asociados locais para realizar o proceso de selección persoal da nova tenda que se sitúa no Centro Comercial Travesía, en Vigo, e que se inaugura en novembro.

Os primeiros traballos que realizou AEMOS, a través das ferramentas do programa integrado para o Emprego que están a realizar, foi realizar unha selección das persoas que podían encaixar nas demandas de Sprinter. Tras varios días de traballo un 20 por cento dos candidatos, fundamentalmente veciños de Mos, foron seleccionados polo equipo profesional de AEMOS. Con todo, a compañía reuniu outro 80% dos posibles candidatos a través dunha web de emprego a nivel estatal na que se rexistraron fundamentalmente veciños de Vigo.

Cos candidatos, o luns de tarde, este martes todo o día e mañá mércores pola mañá, directivos de Sprinter traballan na selección a través de entrevistas e dinámicas de grupo. Para iso trasladar a Mos Edward J. García Reina, do departamento de recursos humanos, xunto ao director rexional Galicia/Norte de España, o delegado en Galicia da marca e o xefe de tenda de Vigo.

Por parte de AEMOS valorouse moi positivamente esta nova oportunidade de demostrar as súas calidades para a selección de persoal e a valía dos seus plans de emprego. “A confianza que puxo en nós Sprinter demostra o importante servizo que se presta desde este centro, orientado non só a Mos senón ás localidades próximas”, indicou Francisco Domínguez, xerente de AEMOS.

Na actualidade AEMOS está inmerso no plan INSERE 5, o novo plan de emprego posto en marcha pola Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) que é posible co financiamento da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

INSERE 5 deu comezo o 1 de setembro e prolongarase até o 31 de maio de 2015.

Sprinter xa conta con 1500 traballadores en toda España e tendas nas principais capitais. En Galicia conta con tendas en Lugo, Ourense e Ferrol, e tras esta nova implantación en Vigo prevén a apertura de novos locais en en outros puntos de Galicia.

Pertence ao Grupo JD Sports Fashion plc. que é o principal retailer británico de moda deportiva e casual, contando nestes momentos con máis de 500 tendas no Reino Unido e a República de Irlanda, e máis de 100 tendas no territorio Europeo (España, Francia, Países Baixos e Alemaña).A cadea nace en 1995 e en 2011 a británica JD Sports Fashion entra no capital social da compañía Española que conta cun Centro Loxístico e de Servizos Centrais en Elxe (Alacante), continuando co noso plan de expansión e desenvolvemento.

As tendas Sprinter teñen un formato medio, entre 600-1.300 m2 orientadas a todos aqueles para os que o deporte forma parte das súas vidas, tanto se son practicantes dos deportes máis populares, coma se gustan de vestir con look casual e sport.

21 de outubro de 2014 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.