Ábrese o prazo de inscrición para participar nas sesións de ‘Aventuras no Aquarium’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de mañá, mércores 22 de outubro, comeza o prazo de inscrición para das novas sesións de Aventuras no Aquarium.

O Aquarium Finisterrae propón este programa especial de actividades de fin de semana que inclúe experiencias como unha visita á zona técnica ou participar na alimentación das focas. As “Aventuras” propostas serán as seguintes:

Aventura coas focas que se celebrará os sábados e domingos ás 11.00 horas a partir do 25 de outubro. A actividade está dirixida a nenos maiores de 7 anos, que deben asistir acompañados dun dos seus pais.

Viaxe ao centro do Aquarium. Unha visita guiada pola zona técnica, que inclúe instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena. Dirixida a persoas maiores de 14 anos, celebrarase sábados e domingos ás 12.00 horas.

Para participar hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono 981 189 842, a partir do 22 de outubro, e abonar só o prezo de entrada ao Aquarium (excepto titulares de Tarxeta 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias), xa que é unha actividade sen custo adicional

21 de outubro de 2014 | 11:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.