publicidade hoxe

A Xunta denega á asociación de veciños de Maianca o uso da casa do mar de Mera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

A Consellería de Benestar Social e Traballo da Xunta de Galicia denegou a petición da asociación de veciños San Cosme de Maianca para o uso das instalacións da casa do mar para levar a cabo a actividade deste colectivo.

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, criticou esta mañá a incomprensible decisión da Xunta de negar o uso destas instalacións infrautilizadas ao colectivo veciñal máis representativo da parroquia de Maianca. A asociación desenvolveu a súa actividade na casa do mar durante moitos anos, ata que antes dos pasados comicios municipais a Xunta anunciou a construción dun centro de día na planta alta da casa do mar. Unha vez concluído os traballos, que acumularon máis dun ano de retraso, a asociación solicitou de novo o uso das instalacións pero a Consellería denegouno. O alcalde referiuse a este asunto asegurando que a Xunta incumpre a súa palabra posto que, antes da apertura do centro, comprometeuse co Goberno local en que o uso por parte dos colectivos locais que desenvolven a súa actividade no edificio sería respectado.

A Consellería notificou a decisión ao colectivo nunha carta datada o 1 de outubro na que non argumenta a súa negativa e na que se limita a sinalar que se se quere facer uso dos locais deben inscribirse nas actividades organizadas polo Goberno local no inmoble. Anteriormente solicitará una memoria de actividades a asociación coa intencionalidade de ceder o uso, pero finalmente, denegouno.

28 de outubro de 2014 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.