publicidade hoxe

A Xunta condena o atentado sufrido na Casa do Concello de Baralla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarallaLocal Portada
A-
A+
Alfonso Rueda na visita ao consistorio de Baralla

Alfonso Rueda na visita ao consistorio de Baralla

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, condenou enerxicamente o ataque sufrido hoxe na Casa do Concello de Baralla (Lugo), que danou estas dependencias, así como vivendas colindantes.

Rueda achegouse hoxe a Baralla onde, acompañado polo alcalde da localidade, Manuel González, comprobou os danos da Casa do Concello e indicou que hai que celebrar que non houbera vítimas persoais dada a virulencia da explosión. O vicepresidente instou a facer todo o posible para deter canto antes os autores deste atentado terrorista.

Sobre as 5 horas desta madrugada produciuse una explosión causada por un artefacto situado no exterior da Casa do Concello que afectou tanto ás dependencias como ás vivendas colindantes ao consistorio.

1 de outubro de 2014 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.