A Sociedade Ximnástica xuntou nas súas competicións a máis de 5.000 persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A Sociedade Ximnástica conseguiu esta tempada unha nova marca persoal nas competicións atléticas que organizou nos últimos 12 meses. Un total de 5.070 atletas participaron nelas, superando en case un milleiro a cifra do curso pasado.

A San Silvestre pontevedresa e o Medio Maratón, foron as probas máis concorridas, con 2.939 participantes na carreira de fin de ano e 1.443 nos recentes 21 quilómetros, en ambos os casos record de participación. Tamén se organizaron tres competicións oficiais, na pista de atletismo do CGTD, que sumaron 549 atletas e non hai que esquecerse das xornadas de Xogatlon, dirixidas ás categorías inferiores e que nas 5 xornadas celebradas, un total 139 novos atletas xuntáronse na puntuación final.

Ademais xunto con todas estas competicións, hai que apuntar as actividades para fomentar o atletismo base, como a Escola Municipal de Atletismo, que ocupou case 9 meses do ano e que na 37 edición xuntou a preto de 200 rapaces. No verán volveuse a levar a cabo, con gran éxito a Escola de Verán na súa décimo quinta edición.

Agradecer ao IMD de Pontevedra, a súa colaboración para o desenvolvemento destas competicións e actividades; así como á Xunta de Galicia, que presta a pista de atletismo do CGTD para boa parte delas.

28 de outubro de 2014 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.