A renovación de Mosteiro de Cines permitirá recuperar a praza como espazo de convivencia para os veciños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
O alcalde da Coruña na visita aos barrios afectados

O alcalde da Coruña na visita aos barrios afectados

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, visitou esta mañá os barrios do Agra do Orzán e de O Ventorrillo con motivo do inicio das obras de renovación de Mosteiro de Cines. A Concellaría de Infraestruturas inviste 402.220 euros neste novo proxecto, enmarcado dentro do Plan Urbana C e cun prazo de execución de 4 meses.

“O proxecto supón unha remodelación ambiciosa da zona para crear un espazo para a convivencia, unha praza viva fronte a un espazo que se quedou illado”, afirmou o alcalde, quen aproveitou para agradecer aos veciños, ás concelleiras de Barrio e ao departamento de Infraestruturas o traballo realizado para desenvolver esta nova iniciativa do plan municipal de modernización de espazos públicos.

O proxecto recibiu 29 propostas, o que permitiu rebaixar tantola investimento final na obra con respecto ao orzamento de licitación (aforro de 97.618,60 euros, é dicir, do 19,5%) e como do prazo de execución dos traballos de 6 a 4 meses. Infraestructuras proxecta a remodelación desta praza, situada entre os barrios do Agra do Orzán e O Ventorrillo, para xerar un espazo público usado fundamental polos residentes da zona, posto que, debido ao seu deseño actual, é pouco utilizado polos peóns.

Para mellor aproveitamento da praza e un maior goce deste espazo libre, o Concello busca con esta obra contar cunha praza máis aberta, de plataforma única e que favoreza a comunicación peonil. Así, integrarase o interior da praza nos percorridos peonís, pois o obxectivo é dar maior protagonismo ao cidadán que se despraza a pé.

O alcalde tamén explicou que se aproveita a remodelación da praza para incrementar a oferta de xogos infantís, reservar o espazo suficiente para a celebración de actividades populares e culturais, recuperar e reforzar o valor da fonte e a estatua conmemorativa de Pucho Boedo que xa existen na praza, plantar árbores, renovar a iluminación e colocar mobiliario urbano (bancos, fontes e papeleiras).

22 de outubro de 2014 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.