publicidade hoxe

A primeira análise a Teresa Romero descarta a presenza do virus en sangue

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáGalicia exterior
A-
A+

A primeira análise realizada a Teresa Romero descartou a presenza en sangue do virus do ébola, segundo informou o Comité Especial creado polo Goberno, confirmando que a paciente “evoluciona favorablemente”.

   A análise realizada nas últimas horas polo Centro Nacional de Microbiología do Instituto Carlos III deu PCR negativo, polo que Teresa está á espera de que se lle realice unha segunda proba que confirme que superou a enfermidade.

   Esta segunda proba realizarase nun prazo máximo de 48 horas, segundo precisaron fontes sanitarias.

   Teresa Romero ingresou o pasado 6 de outubro no Hospital Carlos III tras dar positivo na proba de contaxio por ébola, converténdose no primeiro caso en Europa. A auxiliar de enfermaría contaxiouse ao tratar ao misioneiro español Miguel Pajares, falecido o pasado 12 de agosto tras ser repatriado desde Liberia.    

   O Comité Especial para a xestión do ébola emitiu un comunicado este domingo pola tarde no que informa tamén da evolución doutros dous pacientes ingresados no hospital Carlos III, despois de dar negativo na segunda PCR.

   Trátase do viaxeiro procedente de Nixeria, que xa foi dado de alta, e dun enfermeiro que, aínda que deu negativo, continuará en observación, segundo fontes sanitarias.

19 de outubro de 2014 | 21:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.