A Praza Maior de Lugo acollerá diversas actividades para festexar a tradición celta do Samaín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, dirixida por Carmen Basadre, informa das actividades que se van a celebrar con motivo do Samaín e realizadas pola Asociación Trebas Galaicas. Todas as actividades realizaranse entre as 17.30 e as 22.30 na Praza Maior.

Ao longo do día 1 de outubro realizaranse unha serie de actividades nas que haberá baleirado e tallado de cabazas, recortables e coloreables para nenos adaptados á temática do Samaín, pintado de caras con Pictos Galaicos, e globoflexia. Ademais támen haberá actividades de contacontos, en colaboración de El Faro de los Tres Mundos, para nenos e nenas de entre 4 e 8 anos.

As actividades rematarán cunha degustación popular de chocolate con churros para todos os nenos e nenas participantes e cun desfile de ánimas pola Muralla e unha queimada.

28 de outubro de 2014 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.