A Policía Local de Ferrol limitará o tráfico rodado nun tramo da rúa do Sol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Policía Local de Ferrol informa que o vindeiro martes, día 4 de novembro, se procederá á restrición ao tráfico rodado no tramo da rúa Sol, comprendido entre San Diego e Sánchez Barcaiztegui, debido ao inminente inicio das obras neste treito do viario. Os cruces da rúa Sol con Sánchez Barcaiztegui, con Méndez Núñez e con San Diego non se verán afectados, por tanto, se manterá a circulación nestes puntos.

A Policía Local sinala que os vehículos que circulen polo tramo que non está en obras na rúa Sol en dirección a Praza de Amboaxe se desviarán pola Sánchez Barcaiztegui e poderán continuar pola rúa María. Así mesmo, a parada do autobús escolar do Tirso de Molina cambia a súa ubicación para estar situada á altura da capela da rúa María. Os traballos de mellora deste treito da rúa do Sol entre San Diego e Sánchez Barcaiztegui incluirá a renovación integral do pavimento e tamén a mellora da rede de servizos básicos.

Mellora integral do viario por fases

A empresa “Acciona Infraestructuras S.A” se encarga da reurbanización da rúa Sol que permitirá a mellora integral do que é un dos principais viarios de acceso ao centro da cidade. A intervención completa na rúa do Sol, que forma parte dos compromisos asumidos polo Goberno Muncipal, ten un importe total de 799.879,85 euros (co 21% do IVE incluído), financiado con fondos europeos do Programa Urban Ferrol. Esta actuación desenvolverase por fases e afectará a todos os tramos desta rúa, entre a praza de España e a rúa Atocha.

Neste senso, os traballos de mellora do pavimento no primeiro treito, entre as rúas Roi Xordo e Terra, continúan avanzando segundo a previsión de traballo polo que se prevé o cumprimento do prazo de execución. A reurbanización da rúa Sol resolverá de maneira definitiva os afundimentos e deficiencias que presenta este viario; ademais de adaptalo a súa función actual como unha das principais rúas de acceso rodado ao centro histórico de Ferrol.

31 de outubro de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.