A Policía Local de Ferrol activa un plan especial con motivo de Defuntos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Policía Local de Ferrol informa que durante os vindeiros días implantará un plan especial con motivo da festividade de Defuntos e de Tódolos Santos, que comezará na xornada de mañá venres, día 31 de outubro, e se prolongará até o vindeiro luns, día 3 de novembro. Un total de 36 axentes municipais estarán mobilizados –por quendas- durante estes catro días para velar pola seguridade viaria e cidadá nas inmediacións do cemiterio municipal.

O dispositivo especial de tráfico supón os seguintes cambios na circulación rodada:

– Se restrinxe o paso de vehículos pesados polo tramo afectado.

– Converterase en vía de un único sentido (en dirección á estrada de Catabois) a estrada que procede da zona de Mandiá.

– Converterase en sentido único o Camiño da Pega, cara o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) dende a estrada de Catabois.

– O estacionamento na propia estrada de Catabois, no tramo comprendido entre o paso de peóns máis próximo á glorieta da residencia e a entrada ao cemiterio.

Dende a Policía Local se sinala que con estas medidas se queren evitar complicacións nos accesos ao cemiterio municipal.

30 de outubro de 2014 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.