A Orquestra Sinfónica de Galicia ofrece un concerto no Jofre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

A Orquestra Sinfónica de Galicia actuará mañá xoves ás 20:30 horas no Teatro Jofre. Este concerto forma parte da programación da Sociedade Filharmónica Ferrolana e conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel- Reyes García Hurtado. As entradas poden ser adquiridas de maneira anticipada no despacho do Teatro Jofre ou a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

A Orquestra Sinfónica de Galicia contará coa dirección de Rumon Gamba e o violinista Stefan Jackinw. O programa estará dedicado a J.Torres, M.Bruch e F. Mendelssohn coas súas obras “Movimiento”, “Fantasía Escocesa” e “Sinfonía nº3. Escocesa”, respectivamente.

22 de outubro de 2014 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.