A nova xira europea de Mark Knopfler trae a Santiago ao que fose líder dos Dire Straits

Mark Knopfler
Mark Knopfler, o que fose líder dos Dire Straits, anunciou nova xira europea para o próximo verán e este tour faralle pasar por Santiago para presentar o seu novo álbum ‘Tracker’ e interpretar vellos clásicos. En concreto, tocará na capital galega o 29 de xullo, segundo informa a produtora Esmerarte nun comunicado de prensa.
O seu noveno disco en solitario sairá á venda o próximo mes de xaneiro, e gravouse no seu estudo ao oeste de Londres, British Grove. Nel, ademais de cos seus músicos habituais (os mesmos que lle acompañarán nesta xira) conta coa colaboración de artistas como Ruth Moody, Bruce Molsky, Nigel Hitchcock e Phil Cunningham.
Aclamado como un dos mellores guitarristas de todos os tempos, Knopfler vendeu máis de 120 millóns de discos cos seus traballos en solitario e o seu percorrido con Dire Straits.
Gañador de múltiples premios Grammy como cantante/compositor, o de Glasgow combina a ironía das súas letras co virtuosismo da súa guitarra para crear éxitos eternos como ‘Money For Nothing’, ‘Sultans Of Swing, ‘Romeo And Juliet’ e ‘Walk Of Life’.
Produciu discos para Bob Dylan e Randy Newman e participou en bandas sonoras de películas como ‘Cal’, ‘Local Hero’, ‘Princess Brice’ e ‘A Shot at Glory’.











