publicidade hoxe

A mellora dos accesos á Tafona serán financiados pola Deputación con 65.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra vén de conceder unha subvención de 65.000 euros ao concello de Caldas para a mellora dos accesos á Tafona.

Os traballos, financiados con cargo ao Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais da Deputación de Pontevedra, consistirán na mellora do acceso rodado e peonil ao aparcamento da finca de A Tafona.

Así procederase á demolición do pavimento asfáltico actual e das beirarrúas existentes e procederase á construción de novas beirarrúas e calzada.

Os traballos completaranse coa dotación de ramplas de acceso e escaleiras de formigón e coa humanización da zona por medio do axardinamento e a dotación de mobiliario urbano.

As obras incluirán, ademais, a instalación dunha rede de pluviais e a construción de muros de contención para soporte da rampla peonil

25 de outubro de 2014 | 12:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.