A Fundación Azkar renova o convenio coa A.D.C. Lumieira Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

No día de hoxe púxose firma ao convenio de colaboración que a Fundación Azkar leva realizando os últimos anos coa A.D.C. Lumieira Lugo, e cuxa base fundamental é a promoción do deporte.

Para conseguir este obxectivo a Fundación Azkar pon a disposición da A.D.C. Lumieira Lugo diferentes accións de axuda na formación e colaboración entre as que se encontra a cesión das instalacións da Fundación Azkar no Centro Deportivo Terra para os adestramentos dos diferentes equipos de fútbol sala que compoñen a familia doA.D.C. Lumieira.

A.D.C. LUMIEIRA LUGO

A Asociación Deportiva Cultural Lumieira Lugo realiza as súas actividades dende o añ0 2008 e conta cunha escola de fútbol sala composta por 90 nenos e nenas. Ademais, realizan outro tipo de actividades culturais e deportivas así como diversos campamentos orientados sempre aos máis novos.

30 de outubro de 2014 | 20:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.