A Fundación Azkar recibe uns dos premios Galicia á xestión deportiva 2014
O pasado venres 24 de Outubro a Fundación Azkar foi recoñecida pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE) na V Gala dos “Premios Galicia á Xestión Deportiva”celebrada no Auditorio Municipal da localidade pontevedresa de Lalín.
O premio concedido á Fundación Azkar foi o de Mellor Xestión Sostible no Deporte 2014, o cal foi recollido polo xerente desta, Iván Pico.
Á gala asistiron entre outros o Alcalde de Lalín D. José Crespo Iglesias xunto a outros representantes de diversas institucións públicas. A gala abriuna o presidente de AGAXEDE, D. Eduardo Blanco, que contou entre os seus asistentes con grandes personalidades do deporte galego como Fernando Romay ou Fernando Vázquez.
O resto de premiados foron:
Premio ao mellor xestor deportivo: Braulio González Valeiro.
Premio á mellor actividade ou programa deportivo: Concello daCoruña polo día do Deporte na Rúa.
Premio ao mellor Concello de menos de 15.000 habitantes: Concellos do Barco de Valdeorras e Castrelo de Miño.
Premio á mellor entidade pública: Deputación da Coruña.
Premio á mellor entidade privada: FccAQUALIA
Premio ao mellor estudo ou innovación: Clube Deportivo Costa dáMorte
Premio ao mellor patrocinio deportivo: CORETI
Premio á mellor xestión sostible no deporte: Fundación AZKAR
Premio á mellor xestión deportiva de integración social: Centro Penitenciario de Teixeiro
Dende a Fundación Azkar queremos felicitar a todos os premiados e agradecer a AGAXEDE este importante premio conseguido grazas ao esforzo humano de todo o equipo da Fundación Azkar e que nos motiva máis se cabe a continuar e crecer nos nosos proxectos.











