publicidade hoxe

A Fábrica acolle un concerto de fados en galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOleiros
A-
A+

A Fábrica acolle mañá 31 de outubro, ás 21.00 horas un concerto de fados en galego para público de todas as idades, neste poderase gozar da música en galego a través dun coidado espectáculo no que Gonçalo Guerreiro porá a voz e que Dani Pais enriquecerá coa súa participación dixital e musical. Esta actuación, que está organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello, mostra que calquera tipo de música pode facerse na lingua propia de Galicia.

As cantigas, acompañadas de guitarra eléctrica e de pedal de loops, así como de sedutores xogos de iluminación, gardan o seu encanto orixinal, pero gañan unha dimensión contemporánea e singular que seduce tanto os mozos coma os non tan mozos. Deste xeito, o espectador mergulla nun universo rítmico e melódico que viaxa do divertimento á nostalxia, do rock á canción de amor, do pop á música tradicional, sen nunca deixar de ser fado.

30 de outubro de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.