A Eurocidade expuxo en Valença as súas potencialidades ao primeiro ministro portugués

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocal PortadaTui
A-
A+
O Primeiro Ministro Portugués na Eurocidade

O Primeiro Ministro Portugués na Eurocidade

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, estivo presente esta mañá en Valença co gallo da visita realizada a este municipio polo primeiro ministro portugués, Passos Coelho.

O rexedor tudense, xunto ao seu homólogo de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, expuxeron a Passos Coelho o traballo que de xeito conxunto están realizando os dous municipios ao abeiro da Eurocidade. Ao tempo explicaron ao primeiro ministro portugués o obxectivo fixado pola Eurocidade de candidatarse ao próximo programa de fondos europeos para poder seguir avanzado na construción e nos servizos desta entidade supramunicipal.

Coma exemplo do traballo realizado xa pola Eurocidade Moisés Rodríguez e Jorge Salgueiro agasallaron a Passos Coelho cun exemplar da guía turística da Eurocidade na que se plasma a promoción conxunta no ámbito do turismo que se está a realizar xa.

21 de outubro de 2014 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.