publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra inviste 50.000 euros nas obras de mellora do parque de Corbillón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra inviste 50.000 euros na mellora do parque de Corbillón, en Cambados. Faino por medio dunha subvención concedida ó Concello no marco do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais.

Os traballos consistirán na adecuación e nivelación do terreo, na renovación do pavimento e na substitución dos xogos infantís e do mobiliario urbano, así como na instalación de nova iluminación pública.

O novo parque será similar ós que o Concello de Cambados xa instalou en diferentes puntos do núcleo urbano co obxectivo de ofrecerlles ós veciños e visitantes unha imaxe harmonizada e coherente do espazo urbano.

As obras están motivadas polas deficiencias e a escaseza de elementos, tanto de xogo coma de mobiliario, do parque, malia estar situado nun núcleo moi poboado e ser moi utilizado.

1 de outubro de 2014 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.