publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra financia con 58.000 euros a mellora de viais na Lama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LamaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra investirá 58.071,17 euros en traballos de mellora viaria en Antas e Seixido, en A Lama.

Faraonomarcodo Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais, ao abeiro do cal vén de concederlle ao concello unha subvención para estes traballos.

As obras consistirán na mellora do acceso ao cemiterio de Antas, onde tamén se procederá á reforma do aparcamento, así como na renovación do firme nos camiños de Calvario, en Antas, e de Casavella en Seixido.

Oaparcamentodocemiterioampliaraseprocedendoalaboresdedesmonteeacondicionamentodoterreo,paradeseguidoprocederásúapavimentacióneácolocacióndebordosde formigón en todo o perímetro, así como á sinalización horizontal.

No que respecta aos camiños de Casavella e Calvario, limparanse as marxes e cunetas e renovarase o firme cunha nova capa de rodaxe en mestura bituminosa en quente. Así mesmo, tanto nun vial coma no outro, elevaranse en 8 centímetros as beiravías, cun ancho de 40 centímetros, para mellorar a seguridade dos peóns. Ademais, realizarase a sinalización horizontal das dúas pistas.

13 de outubro de 2014 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.