A Deputación aprobará o proxecto da ronda leste de Pontevedra no vindeiro Pleno do día 31

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraPontevedra
A-
A+

O Pleno da Deputación de Pontevedra, que se celebrará o vindeiro día 31 de outubro, aprobará o proxecto da Ronda Leste de Pontevedra que suporá unha inversión de 1,5 millóns de euros.

A obra é froito dun convenio co Concello de Pontevedra, entidade esta última que será a encargada do abono das expropiacións  precisas para realizar a obra.

O traballo inclúe a construcción da Ronda Leste de Pontevedra que irá dende a estrada Ponte Bora-O Pino ata a PO-532 estrada Pontevedra-Pontecaldelas e inclúe o acceso a Montecelo e Príncipe.

As obras previstas afectan a 63 propietarios e serán precisas expropiacións de 33.472 m2 de labradíos, de 15 eucaliptais e de solo non urbanizable común e rural.

A nova vía de circunvalación terá dous carrís de 3,5 metros, arcéns de 1 metro e unha senda peatonal de 4 metros. Ao longo de 1 kilómetro, construiránse 3 glorietas.

25 de outubro de 2014 | 12:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.