A Coruña albergará en novembro diversos actos para a integración de persoas con minusvalidez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

A cidade da Coruña acollerá en novembro diversos actos deportivos, lúdicos e educativos, dirixidos a todos os públicos, para promover tanto a integración de persoas con diversidade funcional como a súa interacción con persoas sen minusvalidez, nunha iniciativa promovida pola Fundación Abrente.

A presentación do proxecto ‘Enki’ tivo lugar este venres no Concello da Coruña coa presenza do rexedor coruñés, Carlos Negreira e as presidentas das Fundacións María José Jove, Felipa Jove, e Abrente, Carmen Touza, respectivamente.

No acto, o rexedor destacou a importancia deste tipo de iniciativas para promover “a loita pola integración de todos”. Pola súa banda, Carmen Touza sinalou que o proxecto busca ser “un escaparate do traballo e o esforzo” das persoas con diversidade funcional. Mentres, a presidenta da Fundación María José Jove destacou esta iniciativa e a importancia que a actividade física ten neste colectivo.

Entre outras propostas, o 30 de novembro celebrarase a I Carreira de Obstáculos para a Integración, os fondos da cal serán destinados a favor de colectivos que participan no proxecto ‘Enki’.

O día previo á carreira haberá tamén, na explanada deportiva de Riazor, unha praza solidaria na que os visitantes poderán coñecer o labor dos colectivos que agrupan persoas con diversidade funcional. Pola noite, haberá unha verbena solidaria.

31 de outubro de 2014 | 20:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.