publicidade hoxe

A compañía teatral A Pombiña trae “O xardín dos pobres” á Casa da Cultura de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A Casa da Cultura de Neda acollerá mañá venres, ás 20,30 horas, a representación teatral “O xardín dos pobres”, a cargo da compañía de Pedroso A Pombiña. O prezo das entradas é de dous euros e a función enmárcase no programa “Tempo para o teatro” da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Escrita e dirixida por Betty Couce, o público poderá disfrutar dunha comedia dunha hora de duración apta para todos os públicos. A obra narra a historia dun marqués que, hai moitos anos, cedeu o seu xardín para os pobres, para que tivesen un lugar propio. Porén na actualidade, co mundo virado ao revés, os pobres terán que pelear contra iso que chamamos “política”. Para non perder o seu xardín terán guerra.

30 de outubro de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.