A Casa das Ciencias celebra un novo curso de iniciación á astronomía
A Concellaría de Cultura, a través dos Museos Científicos Coruñeses, informa de que a Casa das Ciencias celebra unha nova edición do curso de iniciación á astronomía. O prazo de inscrición para esta actividade ábrese mañá, mércores 29 de outubro.
O Planetario da Casa das Ciencias organiza este curso de iniciación á astronomía que se celebrará do 18 ao 21 de novembro, en horario de 19.30 a 21.30 horas. Con 75 prazas ofertadas, este curso práctico diríxese a persoas maiores de 14 anos sen coñecementos previos na materia e que desexen aprender a gozar da astronomía a primeira ollada. Os asistentes adquirirán coñecementos para recoñecer os planetas, estrelas e constelacións máis destacados, e interpretar os seus movementos no firmamento.
Para máis información e inscricións, na Secretaría da Casa das Ciencias e a través do número de teléfono 981 189 844.











