A Carreira Pedestre de Santiago reuniu a preto de 6.000 corredores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Participación do alcalde de Santiago durante a carreira pedestre

Participación do alcalde de Santiago durante a carreira pedestre

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na XXXVII Carreira Pedestre Popular, organizada polo Grupo Correo Gallego. Ao remate entregou os premios xunto coa concelleira de Deportes, María Corral. Case 6.000 corredores de todas as idades participaron nesta edición da Carreira, gañada na categoría masculina, por terceiro ano consecutivo, polo arzuano Lolo Penas. A triunfadora na categoría feminina foi a corredora portuguesa Mónica Silva.

Tras a entrega de premios, como é tradicional, celebrouse no Concello unha recepción aos membros da organización e autoridades.

26 de outubro de 2014 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.