A biblioteca do Carballiño experimentou un importante incremento de socios
Desde o inicio do novo curso académico a Biblioteca Municipal de O Carballiño está a experimentar un forte incremento nas solicitudes de carnés de socios, chegando incluso a acadar dúas solicitudes por día hábil na segunda quincena do mes de setembro.
Este feito representa tamén unha maior demanda nos fondos, o que require un maior esforzo de todas as administracións implicadas co obxectivo de ampliar e mellorar os servizos aos usuarios.
A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria a través do progama de reparto do libro en galego a aquelas bibliotecas que cubriron a enquisa anual enviou á BPM de O Carballiño preto de 100 exemplares, dos que 62 son literatura infantil e xuvenil, valorados en 800 €, e 34 de adultos, con un valor de 561 €.
Así mesmo o concello realizou una inversión de 644 € en 49 tomos de distintas colecciones de comics.











