“A bela e a besta”, de Jean Cocteau, será proxectada en Compostela Cine Classics

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Nova cita para este venres 31 de outubro, ás 20:30 horas, na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta co programa Compostela Cine Classics 2014. Desta vez proxectarase o filme A bela e a besta (1946), de Jean Cocteau. A película será presentada e comentada polo crítico cinematográfico da TVG e da Radio Galega, Moncho Lemos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Tamén dentro deste programa, últimos días para visitar a exposición Os cines de Compostela, fotogramas da nosa historia, que acolle a Casa das Asociacións de Cornes ata o este venres 31 de outubro.

30 de outubro de 2014 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.