A aula Cemit de Marín inicia dous novos cursos de informática

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

A aula CeMIT do Concello de Marín pon en marcha dous cursos de informática durante os meses de novembro e decembro. Un de iniciación á informática, destinado a persoas sen coñecementos de informática, e outro sobre Internet, destinado a todas aquelas persoas interesadas.

O curso de iniciación comezará o 11 de Novembro e finalizará o 11 de Decembro, as clases serán os martes e xoves de 09:30 a 12:30. O curso de Internet comezará o 1 de Decembro e finalizará o 12 de Decembro, as clases serán os luns, mércores e venres de 09:30 a 12:30

A inscrición dos cursos comenzará o luns 27 de Outubro ata o 7 de Novembro.

Para solicitar máis información e inscribirse, na aula CeMIT do Concello de Marín ou na páxina web www.cemit.xunta.es.

30 de outubro de 2014 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.