A asociación Avinza desenvolverá dúas novas mesas de traballo en novembro
A Asociación Avinza informa de que ao longo do mes de novembro vanse desenvolver dúas mesas de traballo. Dúas mañás dedicadas á análise, debate e posiblemente decubrimento dos recursos do noso territorio, 535 km2 cargados de patrimonio, de historia, de cultura, de paisaxe pero tamén de proxectos de moi interese cultural, gastronómico, artesanal, … que deberamos coñecer co fin de promocionar, de transmitir a riqueza que nos acolle e tamén dar unha oferta completa aos visitantes.
O luns 3 e 10 de novembro, co apoio de expertos en comunicación e a través de grupos de traballo (mediante dinámicas participativas) intentaremos sacar o mellor de vós e do entorno.
HORARIO: 9:30-14:00 horas
DATAS:
Luns 3 de novembro, na Arca de Noe. Vilar de Santos
Luns 10 de novembro. Taberna Acevedo. Xunqueira de Ambía.
Destinatarios: queren contar coa presenza do sectores económicos como a hostelería, TIc´s, comunicación, comercio, artesáns, labregos/as, fotografía, medio, deporte,…