A área de Cultura do Concello de Ourense organiza diversas actividades para conmemorar o Samaín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Concellería de Cultura presentou esta mañá as actividades da festividade do Samaín, previstas para este venres 31 de outubro. A praza da Imprenta – Praza Maior no caso de chuvia – acollerán os obradoiros consistentes en baleirado de cabazas para participar despois na procesión do Samaín, que recorrerá distintas rúas da cidade vella. Para esto, e tras o éxito dos pasados anos, o Concello disporá dunhas 600 cabazas para os participantes – o dobre que outros anos -.

Posteriormente a Praza de San Cosme continuará coas actividades infantís para rematar a partir das 21 h cun concerto. Xunto coa Concellería de Cultura, colaboran na organización deste Samaín as asociacións de Artesáns, Amencer, Auce e tamén a Galleira. Na presentación estiveron a concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, acompañada dos representantes das asociacións colaboradoras.

Programa:

17 h – Praza da Imprenta (no caso de chuvia: Praza Maior): obradoiro de baleirado de cabazas no que colaboran ás asociacións Amencer e Auce.

19 h – Procesión das cabazas: Praza Maior, Praza do Trigo, Hernán Cortés e Praza de San Cosme.

19.30 h – Praza de San Cosme: a asociación A Galleira organiza actividades infantís.

21 h – Concerto na Praza de San Cosme.

27 de outubro de 2014 | 15:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.