“Ziralla”, “Andarivel” e “Ay Carmela” proclámanse vencedores na 18ª Regata Hotel Galatea Trofeo Conservas Pescamar de Cruceiros

Rosa Quintana na entrega de trofeos
Cun pequeno atraso para montar unha baliza de desmarque, deuse a saída este domingo á segunda e definitiva etapa da Regata Hotel Galatea – Trofeo Conservas Pescamar, que no seu 18ª edición organizou brillantemente o Club Náutico Portonovo coa colaboración do Club Náutico Boiro.
Saída que se deu con 17 millas e media de percorrido por diante e con vento do Leste con 9 nós de intensidade que ao pouco de saír foi acougando case totalmente, ata que pola beira norte da ría de Arousa foi entrando un vento do noroeste que o ZIRALLA con máis visión que o resto da flota soubo atopar antes que os demais e escapándose do pelotón chegou destacado á meta de Portonovo, gañando así tamén a xeral da súa clase ORC 1.
Máis emocionante estivo a clase ORC 2 onde o ANDARIVEL gañaba a etapa tras unha moi boa regata tamén, e adxudicábase a xeral por vencer na última proba ao PETRILLA que acabara cos mesmos puntos. Igualmente deu a volta na clasificación o AY CARMELA en Clase 3 en detrimento da FLOR DE LIS.
Tras o cómputo de tempos compensados, os distintos grupos na xeral final quedaron da seguinte maneira:
Clase 1
1º) Ziralla Primeiro (Astraea 330 – Ramón Barreiro – C.N. Barraña) – 2 Puntos
2º) Younkounkoun (JOD 35 – Adolfo Castro – C.N. Portonovo) – 4 Puntos
3º) Sebrala II (Bavaria 50 – Alfredo Froiz – RCN Sanxenxo – 7 Puntos
Clase 2
1º) Andarivel (First 33.7 – Emilio Patiño – L.C. Vilagarcia) – 3 Puntos
2º) Petrilla (Platú 25 – Jaime Barreiro – RCN Sanxenxo) – 3 Puntos
3º) Limay (Bramador 34 – Jose Luís Smyth – CN Beluso) – 7 Puntos
Clase 3
1º) Ay Carmela (Golfiño 7,25 – Juan Pazó – LM Bouzas) 3 Puntos
2º) Flor de Lis I (Fortuna 9 – Jose Luís Novo – CN. Rianxo) – 3 Puntos
3º) Troscado (First 211 – Natalia Velazquez – RCM Aguete) – 7 Puntos
Categoría A Dous
1º) Ziralla Primeiro (Astraea 330 – Ramón Barreiro – C.N.Barraña) – 3 Puntos
2º) Ay Carmela (Golfiño 7,25 – Juan Pazó – LM Bouzas) – 5 Puntos
3º1) Flor de Lis I (Fortuna 9 – Jose Luís Novo – CN. Rianxo) – 6 Puntos
A entrega de premios celebrouse no Hotel Galatea nada máis acabar a regata, coa presenza de Conselleira do Medio Rural e de Mar daXunta de Galicia, Rosa Quintana.











