publicidade hoxe

Xuventude de Vilagarcía organiza un obradoiro para a promoción de proxectos a través de internet e as redes sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de ArousaXuventude
A-
A+

Internet e as redes sociais son recursos con enormes posibilidades que a xente debe aprender a utilizar a efectos de sacar adiante un proxecto empresarial, cultural ou mesmo lúdico. Co obxectivo de amosar todas as portas que se poden abrir neste sento, a Concellería de Xuventude organiza o obradoiro “Emprendendo dende a Rede” que se celebrará o 19 de setembro e cuxa participación é de balde.

“Emprendendo dende a Rede” é un obradoiro sobre os diferentes recursos que ofrecen as redes para promocionar, financiar e dar a coñecer os proxecto ideados por mozos e mozas de entre 16 e 35 anos. A este colectivo está destinada a actividade incluída no Programa Actívate 2014 da Dirección Xeral de Xuventude.

Dende esta iniciativa informativa abordaranse contidos relativos ao Emprendemento dende os blogs e o sistema de financiamento de “Crowdfunding”. Dentro destes dous bloques temáticos explicaranse aspectos como a presentacións de diversos blogs, as claves dun blog e o decálogo dun blogger; ademais de tratar sobre como vender un proxecto a través das redes, as páxinas temáticas e os Packs e mecenas.

O obradoiro celebrarase o 19 de setembro na sala de conferencias do Auditorio en horario de 18:30 a 20:30 horas. O prazo de inscrición remata o día 17 de setembro e os interesados poden anotarse nas oficinas da OMIX.

4 de setembro de 2014 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.