Xuventude busca a implicación dos locais de copas vilagarciáns nunha campaña sobre os efectos do alcohol na conducción
A concellería de Xuventude pretende poñer en marcha en Vilagarcía unha campaña para sensibilizar á mocidade sobre os graves riscos que conleva conducir baixo os efectos do alcohol e propoñerlles alternativas que compatibilicen a diversión e a seguridade á hora de desprazarse por carreteira nas noites de movida. Para elo, o departamento que dirixe Sandra García busca a implicación dos locais de copas do municipio.
García Roma mantivo este mediodía una xuntanza con representantes do sector dos locais da movida nocturna a efectos de explicarlles a iniciativa e solicitar a súa colaboración. No encontro participou tamén unha representante da Federación Española de bebidas Espirituosas (FEBE), promotora da campaña que se organiza a través da Dirección Xeral de Xuventude.
Unha vez que a Concellería reciba a resposta dos hostaleiros e se peche a adhesión dos locais á campaña, realizarase unha presentación pública na que se dará a coñecer o contido da mesma, a metodoloxía, datas de celebración e establecementos participantes.











