Xunta e Navantia traballarán para lograr carga na construción civil tras o fin do veto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, asegurou este mércores que a Xunta “seguirá traballando con Navantia” co fin de “aumentar a súa potencialidade” para conseguir nova carga de traballo, unha vez que as autoridades europeas confirmaron o fin do veto á construción civil no estaleiro a partir de xaneiro de 2015.

A preguntas dos medios sobre o fin deste veto, o conselleiro (que se atopaba nunha xornada de traballo no Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia) cualificou esa circunstancia como “unha boa noticia”, e como “unha oportunidade clara de que Navantia incremente a súa presenza en mercados internacionais”.

Francisco Conde sinalou que a construción civil abre a Navantia a porta de novos mercados e subsectores (offshore, extracción petrolífera,…), aínda que na actualidade, Navantia xa ten en marcha, recordou, catro proxectos por valor de 400 millóns de euros.

3 de setembro de 2014 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.