publicidade hoxe

Xove acolle unhas xornadas de promoción dos bolos para os alumnos do IES Illa de Sarón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Un ano máis, e antes de comezar a XXVIª Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello de Xove, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as da ESO do IES Illa de Sarón.

Estas Xornadas véñense celebrando dende hai varios anos, contándose para o mesmo, como xa dixemos, coa colaboración do IES Illa de Sarón.

Pola Xornada van pasar tódolos alumnos/as do IES, e nas mesmas se lles van explicar os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán, asimesmo, a oportunidade de xogar.

As xornadas van ter, polo tanto, unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do xogador Modesto Albo, o xogador máis veterano do Concello de 84 anos, quen se vai a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.

O programa destas Xornadas, que se vai desenvolver durante os dias 29 e 30 de setembro, é o seguinte:

Horarios:

Luns 29 de setembro:

– 09:40 a 10:30 horas:  4º de ESO (10 alumnos/as)

-11:40 a 12:30 horas: 1º de ESO (23 alumnos/as)

Martes 30 de setembro:

– 11:40 a 12:30 horas: 3º de ESO ( 12 alumnos/as).

-13:40 a 14:30 horas: 2º de ESO (26 alumnos/as)

O lugar onde se van desenvolver estas Xornadas é a NOVA BOLERA DO IES ILLA DE SARÓN, ubicada no Patio do propio Instituto, e que o noso Concello acaba de habilitar instalando no propio patio un PASO E UNHA FINQUEIRA. Deste xeito, de agora en diante, os alumnos/as do IES Illa de Sarón poderán practicar este deporte no propio Centro, cando así o consideren os seus responsables educativos.

O obxectivo destas Xornadas, amáis da promoción deste deporte en sí, é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 14 anos decidiu crear unha Liga Sub 16 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.

Lóxicamente, por idade, o mellor sitio onde se poderían atopar novos xogadores sería o IES, dado que os alumnos/as da ESO teñan unha idade ideal para comezar neste xogo.

Dende o Concello só nos queda agradecerlle ao IES Illa de Sarón, así como a Modesto Albo, toda a colaboración prestada na organización destas Xornadas.

26 de setembro de 2014 | 11:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.