publicidade hoxe

Xove abre o prazo para inscribirse nos obradoiros de tempo libre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Xa está aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros de tempo libre organizados pola Concellería de Servizos Sociais. O lugar de inscrición vai a ser a Oficina de Información Xuvenil (OMIX), estando aberta esta inscrición ata o xoves 25 de setembro.

En concreto, para este curso 2014-2015, a Concellería de Servizos Sociais orgnaniza obradoiros de BOLILLOS, BORDADO, IOGA E BAILES DE SALÓN. Unha vez rematada a inscrición, que como dixemos é ata o 25 de setembro, por parte da Concellería de Servizos Sociais vaise convocar unha xuntanza para realizar a coordinación destes obradoiros, coa elección de horarios e outras cuestións.

Falando doutras cuestións, dende a Concellería de Servizos Sociais recórdase que dende a OMIX de Xove pódense solicitar as BECAS AO ESTUDIO do MEC (Ministerio de Educación e Cultura) e da Xunta.

12 de setembro de 2014 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.