Xornadas de portas abertas no pavillón e presentacións de baloncesto en Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O Club Baloncesto Airexa de Nigrán organiza os días 19 e 20 de setembro unhas xornadas de portas abertas no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón co fin de achegar a práctica deste deporte a todos os veciños do municipio.

Os nenos e nenas de entre 5 e 11 anos, ambos incluídos, teñen unha cita co baloncesto a partir das 17.00 horas, nunha xornada na que realizarán exercicios de técnica individual e xogos colectivos, para finalizar coa disputa dun partido entre o club local e o Mariano. O sábado pola mañá, a partir das 10.00 horas, é a quenda dos maiores de 11 anos, nunha sesión que concluirá ás 13.15 horas co encontro entre o C.B. Airexa e o Barco de Valdeorras.

Presentación oficial do Club Baloncesto Nigrán

O Club Baloncesto Nigrán celebrará o vindeiro sábado a presentación oficial dos seus equipos federados –infantil e cadete feminino e xuño masculino-, dous equipos das categorías inferiores e o recentemente estreado categoría baby. Tras as fotos de equipo e de familia, o Amfiv realizará unha exhibición de baloncesto en cadeira de rodas, da que tamén poderán participar os nenos e nenas presentes.

18 de setembro de 2014 | 10:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.