Xornada de portas abertas na Escola infantil da Parda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces visitaron esta mañá a Escola Infantil da Parda respondendo ao convite da propia escola que hoxe realizaba unha xornada de portas abertas, coincidindo co inicio do curso.

A concelleira Carmen Fouces explicou que aínda que a Escola non é competencia municipal, si mantén unha estreita colaboración tanto coa dirección como coa ANPA, polo que lle resultou gratificante escoitar o importante esforzo que o Concello está a facer para dar material ao centro, a pesar de que a competencia sería da Xunta. De feito, o Concello está a fornecer á escola até de folios para a fotocopiadora.

Carmen Fouces indicou que na Parda iniciaban hoxe uns 130 nenos o curso escolar, e existe unha lista de espera dunhas 200 persoas, especialmente de pais que viven fóra de Pontevedra pero traballan aquí. A concelleira indicou que debe ser a administración autonómica a que debe valorar si se precisan máis prazas públicas de educación infantil de cero a 3 anos no concello, os poucos de Galicia con demografía positiva.

Ao mesmo tempo, tamén destacou o traballo que están a realizar as garderías privadas da cidade que dan unha cobertura importante, que están a pasar por malos momentos e están a ter problemas cos cheques que a Xunta da para que os nenos con recursos limitados que non poden entrar nas públicas, o fagan nas privadas.

4 de setembro de 2014 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.