publicidade hoxe

Ximnasia de mantemento e aerobic en Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

O Concello de Cerdedo organiza durante o curso escolar 2014/2015 clases de ximnasia de mantemento e aerobic dirixidas a todos os veciños maiores de 16 anos e sen límite de idade.

Terán lugar no Pavillón Polideportivo de Cerdedo. O horario das clases será os martes e os xoves de 18.00 a 19. 00 h. para a Ximnasia de mantemento e de 20.00 a 21.00 h. para o aerobic.

As clases dará comezo o vindeiro xoves 2 de outubro e o coste será de 8 euros mensuais para cada unha das actividades

Os interesados poderán recibir maior información nas oficinas do Concello ou nos teléfonos  986 75 30 06 ou 986 75 30 54.

25 de setembro de 2014 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.