X Foliada Popular da Mariña
Este sábado día 20 de setembro a Asociación Cultural Saiñas organiza como anos anteriores a Foliada Popular da Mariña, este será a súa X edición.
As actividades programadas son as seguintes:
– As 13:00 pasacalles por Xove e sesión vermú amenizada polos gaiteiros da asociación.
– A partires das 17:30, comezarán os obradoiros didácticos, un de realización de instrumentos artesanais e outro de de xogos e xoguetes.
– As 21:00 cea popular nunha carpa, a racion consiste en churrasco, chourizo, tortilla, pan e bebida por un prezo de 5€ venta anticipada ou 7€ na foliada.
– A partires das 22:00 aproximadamente comezará a foliada popular, pola que pasarán varios grupos que tocarán e cantarán música tradicional galega para animar a tódolos asistentes a bailar ó son dos mesmos.
Todas estas actividades realizaranse nunha carpa situada na praza do Concello.
Queremos aproveitar para dar as gracias á todolos comercios de Xove que colaboraron coa nosa asociación para poder realizar esta festa, así como ó Concello de Xove, a Deputación de Lugo e a tódolos socios que formamos esta agrupación.











