Vila Concepción albergará unha oficina de información catastral durante un mes
A Xerencia Rexional do Catastro de Galicia disporá dunha oficina de información en Cambre co obxectivo de axudar aos veciños a consultar ou a resolver dúbidas sobre cuestións relativas ao valor catastral ou aos datos do imposto sobre bens inmobles (IBI) de ano 2015. A oficina de información en Cambre situarase na Casa da Cultura “Vila Concepción”, en O Amorne a partir do 13 de outubro até o 7 de novembro. Esta oficina de información é a única que pode informar sobre a posible variación da base impoñible do imposto sobre bens inmobles.
O horario de atención será o seguinte: Mañás: 9:00-14:00 e Tardes: Martes e Xoves 16:00-18:00.Poderá descargarse a notificación electrónica sobre o valor catastral do ano 2015 nas dependencias municipais de Urbanismo e no horario seguinte: Mañás: 9:00 a 11:00.
Unha vez descargada esta, empezará a contar o prazo dun MES para interpor calquera recurso contra devandito valor ante a Xerencia Rexional do Catastro. Polo que se aconsella efectuar esta descarga na mencionada oficina de información catastral, sita en “Vila Concepción”











